Viuda de Domingo López · Panadaría · Pastelaría · Xeladaría
O Forno é o concepto que mellor nos define, unha mestura de antigüidade e tradición que se unen para conseguir un resultado óptimo.
O Forno é o concepto que mellor nos define, unha mestura de antigüidade e tradición que se unen para conseguir un resultado óptimo.
O Forno é nosa mellor ferramenta
A nosa familia sempre estivo ligada ao mundo do pan con varias xeracións de tradición. Mantivemos as receitas orixinarias, asegurándonos de usar sempre as mellores materias primas. Só así garantimos aos nosos clientes que o pan recentemente enfornado que levan cada día ás súas casas conserva o mesmo sabor tradicional de fai máis dun século.
Na actualidade, a nosa panadería conta tamén cun obradoiro de pastelería e xeadería, onde contamos con máis profesionais que se uniron á nosa familia.
O mercado demanda cada vez produtos máis sans, naturais e responsables. Por iso, elaboramos unha ampla gama de propostas saudables para todas aquelas persoas que desexen coidarse sen renunciar por iso a gozar dunha textura e un sabor tradicional e de calidade. Este forno pretende mellorar sempre tendo como obxectivo que os seus clientes teñan entre as súas mans un produto de total confianza.